facebooktwittertwitter
actividades
Fundación Olga Gallego

Xornadas de arquivos

  • A Coruña, 26 e 27 de outubro de 2018
  • Inscrición: 30 €  (24 € ata o 30 de xuño). Prazo: ata o día 26 de outubro (aínda que convén facelo canto antes)
  • Inscrición gratuíta para persoas membros de BAMAD Galicia e doutras asociacións que formen parte da Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros (CAA)
  • Comunicacións: prazo ata o 1 de outubro


A Fundación Olga Gallego pretende contribuír ao cumprimento dalgúns dos seus obxectivos coa creación dun espazo de diálogo permanente con profesionais de Galicia, o resto de España, Portugal e América Latina, que facilite o intercambio de pensamento e de experiencias sobre temas arquivísticos de actualidade. Unha das formas que adoptará ese intercambio será a celebración dunhas xornadas de arquivos con carácter bianual.

Novos retos: Arquivística para mañá

Hai dous temas que están a espertar o interese e a reflexión da comunidade arquivística. Un é o da Administración electrónica e a obrigatoria implantación do Arquivo Único Electrónico en cada Administración pública a partir precisamente do mes de outubro deste ano 2018. Outro o dos novos modelos conceptuais de descrición arquivística que están a revolucionar visións e prácticas firmemente asentadas entre a comunidade profesional.

A Fundación Olga Gallego quere contribuír a este debate pero desde unha óptica algo diferente. Non queremos saber tanto como vai ser a implantación do Arquivo Único Electrónico ou en que consisten os novos modelos conceptuais de descrición arquivística senón máis ben como imos responder os profesionais ás cuestión de orde práctica que esa implantación ou o desenvolvemento deses novos modelos suxírennos.

As xornadas dedicarán un tempo para a lembranza de Pilar Gallego Domínguez, creadora da Fundación falecida o 8 de outubro de 2017. E farano incorporando ao programa un tema moi querido para ela: o do coleccionismo.

Lugar de celebración

Rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña

https://goo.gl/maps/FUCpEfxzbG32 

Programa  (Versión pdf)

 

Venres, 26 de outubro

 

10-10:45 h.

Presentación

Pedro López Gómez

Presidente da Fundación Olga Gallego

Inauguración

Carlos Aymerich Cano

Secretario xeral da Universidade da Coruña

10:45-11 h.

Pausa

11-12 h.

Conferencia inaugural

Fernanda Ribeiro

Universidade do Porto

Arquivística: novos retos para o futuro

 

12-12:30 h.

Pausa

12:30-13:15 h.

Rosa Martín Rey

Concello de Madrid

O arquivo electrónico: concepción e implantación

13:15-14:00

Joaquim Llansó Sanjuán

Goberno de  Navarra

Retos para a implantación do arquivo electrónico nas administracións

14:00-16:30 h.

Pausa

16:30-17:15 h.

[Homenaxe a Pilar Gallego: Arredor do Coleccionismo]

Félix de la Fuente Andrés

Museo Nacionalde Artes Decorativas

O deseño e a transformación do Museo Nacional de Artes Decorativas

17:15-18:00 h.

[Homenaxe a Pilar Gallego: Arredor do Coleccionismo]

María Elisa Abad Suárez

Sociedad Filatélica, Numismática y Vitolfílica Miño

Pilar Gallego in memoriam: Historia dunha paixón

18:00-18:15 h. Presentación comercial: Datalib
18:15-19 Comunicacións
18:15-18:30

Joaquín Silva Martínez

Pedro López Gómez

Unha colección de marcas postais de interese para Galicia: altos porteos no correo de Galicia do século XIX

18:30-18:45

Jonatan Jair López Muñoz

Doña Regla Manjón e a arte do coleccionismo

Sábado, 27 de outubro

10:00-10:45 h.

 

Beatriz Franco Espiño

Comunidade de Madrid

Os modelos conceptuais de descrición de arquivos como base para a xestión de documentos

10:45-11:15 h.

Pausa

11:15-12:00 h.

Ramón Martín Suquía

 Archivo Histórico de Protocolos de Gipuzkoa

Modelos conceptuais de descrición arquivística e eficacia comunicativa en sistemas de información de arquivo

12:00-13:00 h.

Comunicacións

 

12:00-12:15

Grupo de Traballo de normalización da descrición de entidades arquivísticas de Galicia

Compartir autoridades: o Grupo de Traballo de Normalización da Descrición de Entidades Arquivísticas de Galicia
12:15-12:30

Noelia Castro García

Pilar Encinar Romero

As exposicións virtuais do Arquivo do Reino de Galicia. Suxestións para unha descrición orientada a unha difusión socializadora
12:30-12:45

Alfredo Romero Gallardo

O novo sistema arquivístico do Ministerio de Xustiza e a súa adaptación aos avances tecnolóxcos: primera regulación
12:45-13:00

Luis Martínez García

Arquiveiros na terra prometida. Un relato dos custes da implantación do arquivo electrónico na Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha

13:00-14:00 h.

Mesa redonda

14:00

Clausura

 

Comunicacións

 

As comunicacións poderán versar sobre calquera aspecto relacionado co tema das Xornadas. Valoraranse especialmente textos que acheguen reflexións ou relaten experiencias concretas, por modestas que sexan, sobre os aspectos prácticos da implantación do arquivo electrónico ou do desenvolvemento de políticas de descrición documental que teñan en conta o novo ecosistema dixital. Por exemplo, e de maneira orientativa, pero non excluínte:

A implantación do arquivo electrónico

  •  Experiencias concretas na elaboración de Políticas de Xestión Documental.
  • Experiencias de implantación da Administración electrónica e de sistemas de arquivo electrónico.
  •  Problemas organizativos e técnicos na implantación dos sistemas de arquivo electrónico.
  • A posición do arquivo electrónico no sistema de arquivo da organización

 

Desenvolvemento de políticas e de novos modelos de descrición arquivística

  • Estratexias de descrición documental nun entorno cambiante
  • Dixitalización e descrición documental
  • Programas colaborativos de descrición documental
  • Administración electrónica, arquivo electrónico e descrición documental
  • Relacións entre os sistemas de arquivo electrónico e as aplicacións de descrición documental tradicionais

O coleccionismo

Poderán presentarse tamén comunicacións que estuden o tema do coleccionismo tanto desde un punto de vista público como privado.

 

Lingua: galego, castelán ou portugués.

Extensión: non superarán 15 folios tamaño A4.

Tipo de letra: Times New Roman, 12, un espazo. Os formatos do texto serán Word, RTF e Open Office

Detalles: Nome + institución + título

Enderezo: correo electrónico e teléfono de contacto.

Data límite de recepción: 1 de outubro de 2018.

Resumo: acompañaranse dun resumo en calquera das linguas sinaladas, así como en inglés. Incluirá palabras clave descritivas do contido do texto. O resumo non poderá exceder de 300 palabras.

Avaliación: as comunicacións serán examinadas polo comité científico, quen determinará a súa aceptación ou non.

Publicación: todas as comunicacións aceptadas de persoas que acrediten a súa asistencia publicaranse nas Actas das Xornadas, que terán formato electrónico e estarán accesibles de forma permanente na páxina web da Fundación.

Instrucións:

As citas de máis de 5 liñas identificaranse de forma clara, separándoas da marxe esquerda. As citas de menos de 5 liñas incluiranse no parágrafo utilizando comiñas para a cita directa e comiñas simples para as citas dentro das citas.

As figuras incluídas no texto proporcionaranse en versión electrónica en ficheiros separados.

Para os gráficos vectoriais, recoméndase o formato EPS.

Para os gráficos en mapa de bits, preferirase o formato TIFF.

A resolución óptima será de 600 ppp, pero acéptase a 300 ppp.

Sistema de citas: Autor-datas (as referencias citaranse de forma breve no texto, normalmente entre parénteses, co apelido do autor, a data da publicación e o ano). A información bibliográfica completa darase ao final do traballo nunha lista de referencias.

Referencias

Os formatos para as referencias bibliográficas serán os seguintes:

  • Artigo de revista:

Apelido, Nome; Apelido2, Nome2. "Título (Artigo)". En: Título (Revista), Ano, Mes, v. [número (volume)], n.[número], pp. [páxina de inicio]-[páxina final].

Comunicación presentada a unha conferencia:

Apelido, Nome; Apelido2, Nome2. "Título (Comunicación)". En: Título (Conferencia), Ano,

  • Libros, informes:

Apelido, Nome; Apelido2, Nome2. Título. Lugar: Editor, Ano.

  • Capítulo de libro:

Apelido, Nome; Apelido2, Nome2. "Título (Capítulo)". En: Apelido, Nome; Apelido2, Nome2. Título (Libro). Lugar: Editor, Ano, pp. [páxina de inicio]-[páxina final].

  • Recurso electrónico:

Apelido, Nome; Apelido2, Nome2. "Título (Recurso)". Consulta: Día-Mes-Ano. URL

Copyright

  • Figuras/Fotografías

As figuras/fotografías aparecerán enriba da súa lenda.

Figura 1: Título. Crédito

Todas as fotografías, gráficos, diagramas, etc., citarnse como “Figura” e nomearanse de forma consecutiva (1, 2, 3, etc.).

As figuras compostas etiquetaranse con letras subíndice (a, b, c, etc.).

Proporcionara unha lenda detallada, sen abreviaturas, a cada figura.

Táboas

As táboas aparecerán debaixo da súa lenda; calquera nota aparecerá debaixo da táboa.

Táboa 1: Título da táboa

Nas táboas, as notas ao pe son preferibles ás explicacións longas na cabeceira ou no corpo da táboa. Tales notas, identificadas por letras superíndice, colocaranse inmediatamente debaixo da táboa.

Formulario de inscrición:

(Remitir o formulario e o xustificante do correo electrónico a: secretariatecnica@fundacionolgagallego.gal)

Comité Científico

Concepción García García. Arquivo de Galicia

Ana Herrero Montero. Archivo Municipal de Oviedo

José Ramón López Fernández. Arquivo de Galicia

António Maranhão Peixoto. Exdirector do Arquivo Municipal de Viana do Castelo (Portugal)

Elena Rivas Palá. Archivo Municipal de Zaragoza

Relatores

 

Fernanda Ribeiro

Arquivística: novos reto para o futuro

 

Nacida como práctica empírica, tan antiga como as primeiras civilizacións, a Arquivística tivo unha evolución natural, moldeada pola propia evolución das organizacións/institucións produtoras de documentos e, ata a Revolución Francesa, transitou un camiño  ao servizo do poder e das clases dominantes, as únicas que coñecían a escritura, ditaban as leis e documentaban as accións que ían desenvolvendo, para fins xurídicos, administrativos ou simplemente para memoria futura.

 

A partir do século XIX, a Arquivística entrou nunha nova fase, afirmándose como disciplina auxiliar da Historia no cadro do Positivismo e do desenvolvemento da ciencia e, á altura do cambio do século, a vertente tecnicista e a relación coa administración déronlle unha nova vestimenta, liberándoa progresivamente da tutela da Historia. O paradigma historicista e custodial, que se desenvolveu ao longo da centuria do Oitocentos, comezou a evidenciar sinais de crise, que se acentuarían a partir da 2ª metades do século XX, por forza da revolución tecnolóxica, iniciada despois da 2ª Guerra Mundial.

 

Nas últimas catro décadas, un novo paradigma vense afirmando, posicioando a Arquivística no campo da información e dándolle un estatuto de disciplina científica aplicada. En plena era dixital e en rede, os desafíos que se colocan a esta disciplina non poden deixar de exixir un posicionamento científico, cunha fundamentación epistemolóxica e teórico-metodolóxica sólida, que a sustente e a torne operativa nos máis variados contextos en que é xerada e xestionada a información orgánica, producida socialmente. A transición definitiva para ese nuevo paradigma é condición fundamental para a supervivencia da Arquivística, disciplina estruturante para a preservación da memoria individual e colectiva, como factor identitario dos pobos e das nacións que perdurarán no futuro.

Licenciouse en Historia pola Facultade de Letras da Universidade do Porto (FLUP) en 1980 e obtivo o diploma do Curso de Bibliotecario-Arquiveiro na Facultade de Letras da Universidade de Coimbra en 1982. Doctorouse en 1999 na FLUP, con unha tese intitulada O Acceso á Información no Arquivos e obtivo o título académico de agregada, na mesma Facultade, en 2006. É Profesora Catedrática do Departamento de Ciencias da Comunicación e da Información da FLUP, foi directora do Curso de Licenciatura en Ciencias da Información e do Programa Doutoral en Información e Comunicación en Plataformas Dixitais e foi tamén coordenadora do centro de investigación CETAC.MEDIA. É, desde outubro de 2014, directora e presidenta do Consello Científico da FLUP.

Ten publicado traballos, en Portugal e no estranxeiro, na área da Ciencia da Información, nomeadamente sobre indización, clasificación e instrumentos de acceso nos arquivos portugueses. Ten dedicado particular atención ás cuestións da formación en Ciencia da Información.

Rosa Martín Rey

O Arquivo electrónico: concepción e implantación

 

A implantación do arquivo electrónico nunha administración pública require un esforzo técnico e organizativo considerable, unha aproximación multidisciplinar, como é ben sabido e, máis aínda, unha capacidade de visión simultánea desde varias perspectivas á vez. Esa “empatía organizacional” pode implicar desde a incorporación ao proxecto de equipos con perfiles diferenciados pero interdependentes, ata a mestizaxe de métodos e procedementos, pasando por un redeseño da configuración dos sistemas de arquivos da organización, tal e como agora mesmo os coñecemos e reflíctese nas diferentes regulacións normativas sobre a materia.

O arquivo electrónico debe definirse dalgunha forma ex novo, xa non é o arquivo central da organización o que intenta coordinar, normalizar e racionalizar o torrente de documentación que lle ven desde as unidades produtoras, senón que este ten que retornar á oficina para establecer un modelo de xestión orientado á preservación prospectiva: sen documentos válidos, auténticos, íntegros e dispoñibles, non hai arquivo en ningunha das fases do ciclo vital no que nos queremos situar. Os “procesos de negocio” propios do arquivo deben actuar desde que documentos e expedientes se van conformando, de forma que o arquiveiro deberá compartir hábitat, ao mesmo tempo e no mesmo espazo, co xestor e, da mesma maneira, deberán integrarse os instrumentos de información deste cos de aquel. Este enfoque transversal supón un esforzo organizativo considerable, porque xa existen normas e capacidade técnica suficientes para asumir o reto tecnolóxico, pero as posibilidades de éxito dependerán en gran medida da vontade de desfragmentación administrativa que esteamos dispostos a asumir en canto á información e ao dato, e da adaptación á nova realidade da concepción dos sistemas de arquivos das institucións.

 

Licenciada en Filoloxía Hispánica, pola Universidade Complutense de Madrid.

Diplomada en Biblioteconomía e Documentación , pola Universidade Complutense de Madrid.

Posgrao de Especialista Universitario en Arquivístida, UNED.

Formación en diferentes ámbitos das TICs, en especial no relativo ao tratamento e xestión da información mediante bases de datos relacionais e documentais.

Destinada como funcionaria do Ministerio de Cultura (hoxe Cultura e Deporte) no Arquivo Histórico Provincial de Vizcaia, onde acomete a informatización dos instrumentos de descrición e da xestión do servizo da sala de investigadores.

No Arquivo Xeral da Administración ocupa primeiro a sección de Valoración e despois a sección de Acceso, participando á vez en programas de formación coa Universidade de Alcalá de Henares.

Como responsable do Arquivo Central do Ministerio de Facenda, participa nos grupos de traballo que deseñan a estratexia dixital do organismo, así como na definición da súa Política de xestión de documentos electrónicos.

Proxectos deste ámbito nos que colabora:

- Política de Xestión de documentos do MINHAP

- Proxecto ARCHIVE, ferramenta para a xestión de arquivo electrónico de documentos, definición de requisitos funcionais.

- Revisión e modificación do eEMGDE, para a consolidación da súa versión 2ª.

- Participación nos grupos de traballo de Series e Funcións comúns, no seo da Comisión Superior Cualificadora de Documentos Administrativos.

- Coordinación dun Subgrupo de Traballo sobre o Sistema de Información Administrativa (SIA) dentro do Grupo de Traballo do Comité Sectorial de Documentos, Expediente e Arquivo Electrónicos.

Na actualidade desempeña o seu traballo como Conselleira Técnica na D.X. de Bibliotecas, Arquivos e Museos do Concello de Madrid, co cometido de impulsar desde a vertente funcional o proxecto de Arquivo electrónico da institución.

Na difusión destes proxectos participa en accións formativas organizadas por diferentes universidades (UNED, Universidade Pública de Navarra), así como nos plans de formación para funcionarios de diferentes ministerios e organismos públicos e profesionais do ámbito dos arquivos e TICs, Asociación de Arquiveiros de Castela e León, Asociación de Arquiveiros de Andalucía, Goberno de Navarrra, Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, Xunta de Castela e León, Senado, Asociación de Arquiveiros Valencianos, Instituto Valenciano de Administración Pública, Instituto Asturiano de Administración Pública, Deputación de Xaén, etcétera.

Joaquim Llansó Sanjuán

Retos para a implantación do arquivo electrónico nas administracións.

 

O relatorio trata de atopar unha resposta a como debemos responder os arquiveiros aos retos que suscita, na actualidade, a transformación dixital da administración, en especial a evolución da convivencia de soportes cara o arquivo electrónico único, da posición do profesional nas organizacións e dos sistemas de arquivo en canto a custodia, acceso e outras responsabilidades da xestión de documentos e arquivos. O enfoque partirá dunha revisión das competencias profesionais requiridas, á luz da formación requirida, dos ámbitos de intervención do arquiveiro na xestión de documentos e arquivos electrónicos de acordo coa evolución dos modelos internacionais existentes no ámbito público e cos roles profesionais sentados na revisión da norma ISO 15489-1 de 2016. Unha vez identificados os retos, formularanse unha serie de propostas para enfrontalos.

Director do Servizo de Arquivos e Xestión Documental do Goberno de Navarra. É professor do Máster de Arquivística da Universidade Carlos III de Madrid. É membro do Subcomité de Xestión de Documentos e Aplicacións de AENOR, do que foi presidente. É así mesmo membro da Comisión de Normas Españolas de Descrición Arquivística (CNEDA) do Ministerio de Cultura de España, do Grupo de Traballo para o desenvolvemento de Esquemas Nacionais de Interoperabilidade e Seguridade e do Grupo de Traballo de Documento, Expediente e Arquivo Electrónicos do Comité Sectorial de Administración Elecrónica – CICABAC- do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e do Consello Técnico Ad Honorem da Rede de Arquivos Diplomáticos Iberoamericanos. Pertence a cinco comités de publicacións de revistas especializadas. Foi presidente da Asociación de Arquiveiros de Navarra e da Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros de España. É autor de tres monografías e dunha trintena de artigos especializados en xestión de documentos

Félix de la Fuente Andrés

O obxecto desta comunicación é expoñer o proceso de transformación do actual Museo Nacional de Artes Decorativas nun Museo dedicado ao Deseño.

Este proceso comporta a incorporación aos fondos do museo de arquivos-colección  de deseñadores e estudos de deseño contemporáneos, que inclúen tanto obxectos tradicionais, coma documentación de procesos, e incluso patrimonio inmaterial.

ASPECTOS A CONSIDERAR:

O Museo Nacional de Artes Decorativas áchase inmerso nunha etapa de redefinición da súa misión e os seus obxectivos. O MNAD quere construírse arredor do deseño, considerado como un factor estrutural do sistema social, cultural e produtivo, entendido como “concepto matriz”, á luz do cal se pretenden analizar a vida e a historia pasadas e presentes:

Hoxe o deseño é máis que unha metodoloxía para a creación de obxectos de consumo; é creación e é comunicación, é a construción visual da vida humana. É dicir, a participación activa, consciente e planificada, na creación do noso contorno, da nosa identidade. É diferente do “artístico” por estar sometido á funcionalidade. É a operatividade do saber. É industria cultural. É “deseñar o noso entorno” (Plan Director do MNAD 2011-2015).

 

O proxecto de renovación do museo inscríbese nun movemento internacional que vincula as artes decorativas e o deseño, polo que se aplican novas metodoloxías de interpretación da cultura material do entorno cotián e apóiase o deseño como un dos sectores produtivos e económicos da sociedade actual. Neste movemento inscríbense institucións como o Museo de Artes Decorativas de Paris, Victoria and Albert Museum, Museo do Deseño de Helsinki, Museo Grossi de Leipzig, o Museo do Deseño de Londres, o Cooper Hewitt Museum de Nova York, o Museu del Disseny de Barcelona, o Museo de Artes Decorativas de Berlín.

AS COLECCIÓNS DO MUSEO NACIONAL DE ARTES DECORATIVAS

As coleccións do Museo Nacional de Artes Decorativas son as mellores do territorio nacional, considerando as históricas e as de deseño, e permiten formular discursos expositivos dedicados á cultural material e inmaterial incluídos nas etiquetas “artes decorativas” e “deseño”. Representan aspectos do discorrer da vida cotiá entre o século XIV e os nosos días, amosando a evolución dos materiais, as técnicas de fabricación, as formas, as funcións dos obxectos de uso, así como a propia historia da institución. A maioría deses obxectos proveñen de España e de lugares cos que se desenvolveron relacións culturais, tanto de Europa coma de Asia principalmente. O museo xa posuía un interesantes fondo de deseño europeo de primeiros do século XX, enriquecido a partir de 1999 coa incorporación da colección Torsten Bröhan, que o converten nun museo de referencia no ámbito peninsular.

PROXECTO MEMORIAS DO DESEÑO

O deseño español, a día de hoxe, constitúe un acervo considerable, aínda que a súa contribución á modernización do país non está recoñecida abondo. O traballo dos pioneiros do deseño e dos grandes deseñadores contemporáneos que completaron o seu ciclo creativo debe ser documentado, conservado e difundido, ante o risco de perda e dispersión. Por outro lado, é innegable a capacidade pedagóxica e transmisión do coñecemento para as novas xeracións que se incorporan ás tarefas de innovación na sociedade.

O patrimonio que deriva deste labor dos deseñadores e dos estudos de deseño está constituído tanto por obxectos materiais, no sentido museístico  tradicional (produtos finais, prototipos, maquetas, produtos industriais), como pola documentación relativa aos procesos de traballo (deseños, descartes, artes finais, fontes iconográficas, mostrarios de materiais, ficheiros de clientes e provedores, documentación gráfica, bibliografía, ...), e incluso por novas formas de produtos, como os servizos (campañas de publicidade, deseño corporativo, páxinas web, etcétera, etcétera). Neste senso, a conservación deste patrimonio desborda o concepto tradicional de coleccións pechadas de arquivos, bibliotecas e museos, xa que a realidade fai inseparables os obxectos materiais dos procesos de traballo dos creadores.

O Museo aspira a superar a tradicional separación entre a museografía e a documentación, converténdose nun Centro-Media, onde participar como actores do deseño do noso entorno.

 

Formación:

•           1976-81. Licenciado en Xeografía e Historia (Universidade de Santiago de Compostela)

•           1982-83. Graduado en Prehistoria e Arqueoloxía (USC)

•           1983. Prácticas Profesionais de Museos (Ministerio de Cultura)

•           1983-84. Cursos Monográficos del doutoramento (USC)

•           1986. Curso Selectivo de Conservadores de Museos (MC)

•           1991-92. Xestión de Institucións Artísticas e  Culturais (ESADE)

•           2008-2010. Máster en Didáctica das Ciencias Sociais (Universitat de Barcelona)

 

Traxectoria profesional:

 

•           2014. Museo Nacional de Artes Decorativas, Madrid.Subdirector.

•           2013-2014. Museo Provincial de Cuenca. Director.

•           2008-2013. Arquivo da Corona de Aragón, Barcelona. Información bibliográfica e difusión.

•           1998-2007. Consorcio do Museo da Arte da Pel, Vic. Director Xerente.

•           1994-1998. Arquivo da Coroa de Aragón, Barcelona. Subdirector.

•           1993. Eleiz Museoa (Museo Diocesano de Bilbao). Proxecto museográfico e montaxe.

•           1985-1994. Museo de Belas Artes da Coruña. Director.

•           1982-85. Museo das Peregrinación, Santiago.Técnico de museos.

 

É autor de publicacións de arqueoloxía, arte e museoloxía; dirixiu proxectos de investigación histórica e arqueolóxica, e participado na organización de congresos e reunións científicas. Na súa actividade museolóxica destaca a organización e participación en exposicións nacionais e internacionais.

Nos útlimos anos especializouse no estudo e a documentación da cultura material. Actualmente coordina o proxecto “Memorias do deseño español”, no marco do convenio de colaboración entre o Museo Nacional de Artes Decorativas e READ (Rede Española de Asociacións de Deseñadores).

 

María Elisa Abad Suárez

O relatorio rende unha homenaxe a Pilar Gallego Domínguez, sendo o coleccionismo o nexo de unión entre dous fitos importantes na súa vida.

Por unha banda, a súa xenerosidade, levouna a cumprir o desexo da súa irmá e así crear a Fundación Olga Gallego para contribuír á difusión e protección dos arquivos e do patrimonio documental mediante actividades de investigación e formación e apoiar á xuventude que se aproxima a este eido profesional. Os arquiveiros son os profesionais encargados de obter, almacenar e clasificar rexistros con validez histórica, aqueles documentos que poden ser de utilidade para outros científicos e profesionais. Nos selos queda representada a historia dun país mediante figuras de personaxes ilustres, monumentos, arte, etc. por iso teñen cabida nos traballos arquivísticos.

Por outra banda, iso lévanos á filatelia, a paixón de Pilar Gallego que encheu a súa vida dende moi nova. Comezou con sete anos e chegou a ser cofundadora da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense.

Tratando o coleccionismo, na súa honra fálase sobre o asociacionismo filatélico en distintas contornas xeográficas, analízase a diferenza entre xuntar e coleccionar selos, pasando a facer un percorrido polas coleccións que Pilar foi “argallando” ao longo da súa vida, e que a día de hoxe forman parte dos fondos da Sociedade Miño polo seu expreso desexo.

Todo isto con pinceladas que vencellan á homenaxeada cos distintos puntos do relatorio.

Mª Elisa Abad Suárez nacía en Ourense, o 10 de marzo de 1960 no seo dunha familia que a animou e apoiou para que realizase os estudos que atraían a súa atención desde unha idade moi temperá; amante das Matemáticas e a pintura, despois de realizados os estudos de Bacharelato e COU na cidade das Burgas, decide matricularse na Universidade de Santiago de Compostela en 1977 e, en 1982, obtén o título de Licenciada en Ciencias Matemáticas.

Iníciase como docente no Colexio Cardenal Cisneros de Ourense en 1983 e nel continúa na actualidade exercendo tamén de coordinadora TIC e do EDLG (Equipo de Dinamización dá Lingua Galega).

A súa afección ao coleccionismo desde nena levouna a atesourar moedas, lapis, postais,... e, sobre todo, selos. Por iso únese á Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense, entidade da que na actualidade é vicepresidenta; ademais forma parte da Xunta Directiva da Federación Galega de Sociedades Filatélicas na que ocupa o cargo de secretaria levando tamén a vocalía de Mocidade.

Os máis novos son os que centran a súa atención e por iso formouse como Monitora Nacional de Filatelia Xuvenil e forma parte do Corpo de Xurados Nacionais de FESOFI (Federación Española de Sociedades Filatélicas) na Clase de Filatelia Xuvenil.

Unindo as súas paixóns, filatelia, TIC e educación, realiza o proxecto “Aprendendo cos selos” centrado no emprego dos selos como ferramenta para a adquisición de coñecementos en distintas materias do currículo, destacando o seu carácter interdisciplinar. Con el alcanza o 2º Premio á Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no ano 2010 na Modalidade: Introdución das competencias básicas na aula dixital. Materiais e ferramentas baseadas no TIC que introducen cambios metodolóxicos.

En continua formación, segue utilizando os selos nas aulas e realizando co seu alumnado coleccións temáticas de distintas materias xa que considera que “o selo é punto de encontro de lugares e culturas, do que podemos aprender e co que podemos aprender”.

Beatriz Franco Espiño

Os modelos conceptuais de descrición arquivística como base para a xestión de documentos

Que se pretende conseguir co desenvolvemento a nivel nacional e internacional de modelos conceptuais de descrición arquivística?

Na actual contorna electrónica a descrición faise aínda máis importante. A información descritiva, ademais de acompañar ao documento, achégalle novos datos que serven para representar o seu contido, determinar a súa utilidade e facer posible a súa correcta  xestión. O documento de arquivo relaciónase con información descritiva que fai posible a súa identificación, localización, recuperación ou dispoñibilidade.

Dunha acertada descrición dependerá a posterior recuperación e uso dos documentos. O proceso descritivo vai permitir ofrecer aos arquivos servizos de calidade acordes coas actuais demandas da sociedade e dos cidadáns (a transparencia, o goberno aberto, a rendición de contas, etcétera non teñen sentido se non se asentan nunha axeitada xestión dos documentos e recuperación da información).

A descrición constitúe unha función esencial no tratamento da información arquivística. Grazas a ela facilítase o acceso aos arquivos e á información sobre os documentos mediante instrumentos descritivos, así como a comprensión do contexto e contido dos documentos, a súa procedencia, as funcións das que son reflexo, os asuntos dos que tratan e as súas características.

Unha adecuada creación de descricións normalizadas mellorará o intercambio de datos e información, fundamental no actual mundo tecnolóxico e de interoperabilidade.

Nestas Xornadas poderemos coñecer a metodoloxía na elaboración dos modelos conceptuais de descrición arquivística, o propósito dos mesmos, así como a axenda e obxectivos dos comités, tanto nacional como internacional, que traballan no seu desenvolvemento

Corpo Facultativo de Arquivos desde o ano 2002.

Xefe de Sección de Valoración do Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares) (2002-2006). Xefe de Sección de Arquivo, Biblioteca e Documentación da Fiscalía Xeral do Estado (2006-2009). Xefa do Servizo de Valoración e Tratamento Documental da Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais desde o ano 2009 ata xuño 2018.

Actualmente, Xefa da Unidade Técnica de Planificación e Programación Arquivística da Subdirección Xeral de Arquivos da Comunidade de Madrid.

Secretaria do Consello de Arquivos da Comunidade de Madrid.

Secretaria Permanente da Comisión Superior Cualificadora de Documentos Administrativos (CSCDA), así como a coordinación de distintos grupos de traballo relativos á valoración de documentos no ámbito da Administración Xeral do Estado, de 2009 a xuño 2018.

Membro dos Grupos de Traballo creados para o desenvolvemento do Esquema Nacional de Interoperabilidade e do Esquema Nacional de Seguridade.

Vogal da Comisión de Normas de Descrición Arquivística (CNEDA) desde o ano 2009 e membro executivo do Grupo de Expertos en Descrición Arquivística (Expert Group on Archival

Ramón Martín Suquía

Modelos descritivos e sistemas de información arquivística.

 

O desenvolvemento de modelos conceptuais de descrición arquivística no pode entenderse sen ter en conta a experiencia que arquiveiros e arquiveiras acumularon desde hai máis de dúas décadas nas áreas de descrición e difusión da información arquivística.

 

Os sistemas de información de documentos de arquivo (portais de arquivos, recursos de consulta específicos, ...) son os espazos onde se litiga, onde se avalía, a eficacia dos modelos descritivos e a calidade dos contidos. Pois ben, a evolución deses sistemas permite percibir por unha parte unha mellora progresiva nos recursos de consulta de información de arquivos, pero por outra nos permiten observar ámbitos onde as posibilidades de mellora son importantes. Entre estes ámbitos, obviando o tecnolóxico que non se estuda neste artigo, destacan o do modelo de descrición elixido e o da calidade semántica – a calidade da descrición propiamente dita-. Ambos constitúense en áreas de mellora nos proxectos de descrición e difusión da información de arquivo.

 

O afán de mellora nestes ámbitos levou a propoñer cambios nos sistemas descritivos de arquivo, cambios que contribúan a que os usuarios poidan localizar e entender a información que tratamos de facerlles chegar; pero tamén cambios que contribúan a unha maior rendibilidade do traballo de descrición pola vía da interoperabilidade dos datos – coa conseguinte intervención directa das máquinas nos procesos de recolección de información-, e ao impulso de proxectos cooperativos entre arquivos o xunto con outros xestores de información como poden ser bibliotecas, museos, e centros de documentación.

 

O artigo trata de analizar algunhas das claves sobre as que pivota a comunicación da información contida de forma implícita ou explícita nos documentos de arquivo e, de acordo a esas mesmas claves, avaliar a eficacia e calidade de diferentes recursos de información arquivística, en especial de aqueles que informan sobre documentos de arquivo procedentes da área de tradición latina. Algunhas destas claves analizadas son universais, afectan a todos os procesos de comunicación contemporánea, como son a desaparición da intermediación ou o fenómeno do ´illamento´ dos datos, pero outras son específicas dos arquivos, como a necesidade de prover de información contextual de moi diferentes tipos (procedencia, tradición documental, conservación, condicións de consulta, ...).

 

De entre os diferentes modelos conceptuais existentes o artigo analiza as melloras que pode reportar o uso de modelos conceptuais multientidade en sistemas de información de arquivos tomando como exemplo o modelo proposto nas NEDA-MC (Normas Españolas de Descripción Archivística).

 

Licenciado en Historia pola Universidade de Deusto (1985), Diplomado en Arquivística polo Ministerio de Cultura (Escola Biblioteca Nacional, 1986), Diplomado no Stage International d´archives (Paris, 1992), e Postgraduado en Documentación Dixital pola Universidade Pompeu Fabra (1998), dedicou boa parte da súa traxectoria profesional ao deseño e posta en marcha de sistemas de información de documentación arquivística, especialmente aos portais de arquivos Badator (1989-2003), e  Gipuzkoako Artxibo Ataria – Portal de archivos de Gipuzkoa (2008-). A actividade que desenvolveu no ámbito da recuperación de información arquivistica xustifica a súa participación en diferentes publicacións e congresos e o feito de formar parte da Comisión de Comisión de Normas Españolas de Descripción Archivística da que é membro con diferentes responsabilidades desde 2007.