facebooktwittertwitter
actividades

Xornadas de arquivos

  • A Coruña, 21 e 22 de outubro de 2016
  • Inscrición: 30 €  (24 € ata o 30 de xuño). Prazo: ata o día 21 de outubro (aínda que convén facelo canto antes)
  • Inscrición gratuíta para persoas membros de asociacións que formen parte da Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros (CAA)
  • Comunicacións: prazo ata o 1 de outubro


A Fundación Olga Gallego pretende contribuír ao cumprimento dalgúns dos seus obxectivos coa creación dun espazo de diálogo permanente con profesionais de Galicia, o resto de España, Portugal e América Latina, que facilite o intercambio de pensamento e de experiencias sobre temas arquivísticos de actualidade. Unha das formas que adoptará ese intercambio será a celebración dunhas xornadas de arquivos con carácter bianual.

Os arquivos da Administración local: política, planificación e sistemas fronte ao cambio

 

Desde comezos da transición democrática, desenvolvéronse en España diversos programas de organización ou de traballo nos arquivos municipais e provinciais. Uns naceron desde a propia capacidade de auto organización dos profesionais e outros constituíron, baixo fórmulas diversas, un potente medio de desenvolvemento arquivístico promovido por deputacións provinciais e comunidades autónomas.

 

En Galicia, e a pesar de contar co primeiro programa de intervención en arquivos municipais de España, desenvolvido pola Deputación de Pontevedra desde o ano 1979, aínda en funcionamento, o panorama dos arquivos municipais segue a ser bastante desigual

É por isto que a Fundación Olga Gallego considera que é tempo para reflexionar e debater de novo sobre estes temas, nu momento clave no que a lexislación en materia de administración electrónica e procedemento administrativo ven sumar novos retos a uns arquivos nos que a normalización é moitas veces aínda máis un desexo que unha realidade.

Programa  (Versión pdf)

 

Venres, 21 de outubro

 

10-10:45 h.

Presentación

Pedro López Gómez

Presidente da Fundación Olga Gallego

 

Inauguración

Reitor da Universidade da Coruña

 

10:45-11 h.

Pausa

11-12 h.

Conferencia inaugural

 Antonia Heredia Herrera

De arquivos municipais e da Lei de arquivos e documentos de Galicia

 

12-12:30 h.

Pausa

12:30-13:15 h.

Antonio Maranhão Peixoto

Cámara Municipal de Esposende (Portugal)

Os Arquivos Municipais na consolidación da democracia portuguesa

13:15-14:00

José Luis Castro Carpintero

Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra

Os arquivos da Administración local na provincia de Pontevedra: actuacións e situación actual

14:00-16:30 h.

Pausa

16:30-17:15 h.

Paloma Fernández Gil

Arquivo Municipal de Alcorcón

Grupo de Arquiveiros Municipais de Madrid

A xestión integral de documentos nun mundo anfibio

 

17:15-18:00 h.

Marina García Pita

Marisé Piñón López

Subdirección Xeral de Arquivos da Xunta de Galicia

 

Os arquivos municipais no Sistema de Arquivos de Galicia: novos retos

18:00-18:15 h. Presentación comercial: UNAYTA
  Comunicación
18:15-18:30 h.

Jesús Rey Modia

Tesouros no faiado: as doazóns documentais da veciñanza ao Arquivo Municipal de Teo (A Coruña)

19:00 h.

Visita guiada:

Arquivo Municipal da Coruña

Arquivo do Reino de Galicia

Sábado, 22 de outubro

10:00-10:45 h.

 

Luís Martínez García

Arquivo Xeral de Castela-A Mancha

Políticas públicas e arquivos en Castela-A Mancha (1983-2015)

10:45-11:15 h.

Pausa

11:15-12:00 h.

Carlos Alcalde Martín-Calero.

 Arquivo da Deputación Provincial de Valladolid

Os programas de colaboración arquivística de deputacións e comunidades autónomas cos municipios en España

12:00-13:00 h.

Comunicacións

12:00-12:15 h. Jorge Barrecheguren Fernández
El Archivo del Consorcio de la Zona Franca de Vigo
12:15-12:30 h.

Ernesto Vázquez-Rey Farto

O dereito de acceso á información nas entidades locais após a entrada en vigor da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

12:30-12:45 h. Pedro Cobo Martínez, Francisco José Gallo León, Carlos Jesús Más González
Desarrollo e implantación de la aplicación informática para la Gestión de Archivos de las Entidades Locales de Castilla-La Mancha (ARCEL)
12:45-13:00 h.

Pere Pastallé Sucarrats, Jaume Enric Zamora Escala

La Red de Archivos Municipales de la Diputación de Barcelona

13:00-14:00 h.

Mesa redonda

14:00

Clausura

14:30

Viño galego

 

Comunicacións

Formulario de inscrición

Relatorios: resumos

Relatores: currículos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponencias e comunicacións de edicións anteriores

Xornadas de Arquivos "Olga Gallego" 2016
Actas das II Xornadas Olga Gallego de Arquivos: Os arquivos da Administración local: Política, planificación e sistemas fronte ao cambio
Xornadas de Arquivos "Olga Gallego" 2015
Actas das I Xornadas Olga Gallego de Arquivos: Transparencia versus corrupción. Os arquivos e a democracia