facebooktwittertwitter
novas_actualidade
actas_19.jpg

Actas do II Encontro Olga Gallego de Arquivos

5 de maio de 2020

Publicadas as Actas do II Encontro, celebrado o 22 de novembro de 2019

Os relatorios e comunicacións presentados neste Encontro, que se presentan agrupados baixo o título de: "Os sistemas de Arquivo no século XXI: profesionais e institucións nos tempos líquidos", reflexionan arredor dos cambios que o mundo dixital e a sociedade líquida impoñen na  arquivística e na xestión documental fronte á realidade relativamente estática e confortable do mundo analóxico.