facebooktwittertwitter
novas_actualidade
olga_1960.jpg

II Encontro Olga Gallego de Arquivos: Os sistemas de arquivo no século XX

22 de novembro de 2019

Os sistemas de arquivo no século XXI: profesionais e Institucións nos tempos líquidos

A Fundación Olga Gallego propón a realización dunha xornada técnica ou Encontro de Arquivos arredor do tema: Os sistemas de arquivo no século XXI,  no desenvolvemento dunha liña de traballo que ten demostrado a súa rendibilidades profesional, cultural e social.

O Encontro, que terá lugar o día 22 de novembro de 2019, contará coa participación de destacados profesionais de España e Portugal. Ademais, haberá espazo e tempo para as comunicacións individuais ou colectivas e para unha mesa redonda de debate.

Esta xornada técnica realizarase grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña.