facebooktwittertwitter
novas_actualidade
xorn_18_00.jpg

III Xornadas Olga Gallego de Arquivos

26 e 27 de outubro de 2018
  • A Coruña, 26 e 27 de outubro de 2018
  • Inscrición: 30 €  (24 € ata o 30 de xuño). Prazo: ata o día 26 de outubro (aínda que convén facelo canto antes)
  • Inscrición gratuíta para persoas membros de asociacións que formen parte da Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros (CAA)
  • Comunicacións: prazo ata o 1 de outubro

Novos retos: Arquivística para mañá

Hai dous temas que están a espertar o interese e a reflexión da comunidade arquivística. Un é o da Administración electrónica e a obrigatoria implantación do Arquivo Único Electrónico en cada Administración pública a partir precisamente do mes de outubro deste ano 2018. Outro o dos novos modelos conceptuais de descrición arquivística que están a revolucionar visións e prácticas firmemente asentadas entre a comunidade profesional.

A Fundación Olga Gallego quere contribuír a este debate pero desde unha óptica algo diferente. Non queremos saber tanto como vai ser a implantación do Arquivo Único Electrónico ou en que consisten os novos modelos conceptuais de descrición arquivística senón máis ben como imos responder os profesionais ás cuestión de orde práctica que esa implantación ou o desenvolvemento deses novos modelos suxírennos.

As xornadas dedicarán un tempo para a lembranza de Pilar Gallego Domínguez, creadora da Fundación falecida en setembro de 2017. E farano incorporando ao programa un tema moi querido para ela: o do coleccionismo.

Programa

Formulario de inscrición

Comunicacións