facebooktwittertwitter
novas_actualidade
arxivers_2014_02.jpg

Parabéns a Enrique Sotelo

11 de decembro de 2020

A Fundación Olga Gallego felicita a Enrique Sotelo Resurrección con motivo da súa xubilación

Enrique Sotelo xubilouse recentemente, tras máis de 35 anos de traballo como arquiveiro municipal de Pontevedra. O Padroado da Fundación Olga Gallego felicítao calurosamente polas súas achegas á profesión arquivística e á defensa do patrimonio documental de Galicia e desexa que siga a colaborar coas súas actividades.