facebooktwittertwitter
novas_actualidade
fund_olga_gallego_2017_01.jpg

Plan de actuación para 2017

Xaneiro de 2017

Presentado o Plan de actuación da Fundación Olga Gallego para 2017

O pasado 28 de decembro de 2016 a Fundación Olga Gallego presentou ante o Protectorado de Fundacións da Consellería de Cultura e Educación Universitaria da Xunta de Galicia o Plan de actuación da fundación para 2017.

Entre os proxectos que prevé o plan anual, destacan: a sinatura de novos convenios con outras entidades, o fallo do II Premio Olga Gallego, que terá lugar o día 8 de marzo, a celebración dunha xornada monográfica sobre arquivos en colaboración coa Fundación Penzol de Vigo ou a reforma da páxina web para incluír unha nova sección dedicada ao patrimonio documental.

Ademais, iniciarase a preparación das III Xornadas Olga Gallego de Arquivos, que terán lugar no ano 2018.

Para desenvolver estas actividades, hai un orzamento de 15.137,7 euros, que se financiará na súa totalidade con fondos propios da fundación.