facebooktwittertwitter
novas_actualidade
plan_18.jpg

Plan de actuación para 2018

Xaneiro de 2018

Presentado o Plan de actuación da Fundación Olga Gallego para 2018

A Fundación Olga Gallego presentou ante o Protectorado de Fundacións da Consellería de Cultura e Educación Universitaria da Xunta de Galicia o Plan de actuación para 2018.

Con este novo Plan, a Fundación pretende seguir a desenvolver os fins de protección, defensa e fomento dos arquivos e o patrimonio documental, o apoio á investigación arquivística e sobre os arquivos e o fomento da formación profesional dos arquiveiros. Nesta liña, durante o ano 2018 celebraranse as III Xornadas da Fundación, seguirase a preparar o III Premio de Investigación en Arquivos, publicaranse as Actas do I Encontro da Fundación, celebrado no pasado mes de outubro, e impulsarase a sección de patrimonio documental creada no portal web da Fundación, entre outras accións.

Para desenvolver estas actuacións, cóntase cun orzamento de 17.112,13 euros, que se financiarán nasúa maior parte con fondos da propia Fundación.