facebooktwittertwitter
novas_actualidade
12-76-01r_ab.jpg

Proxecto colaborativo: protección e difusión do patrimonio documental

Xaneiro de 2018

A Fundación Olga Gallego convida a todas as persoas interesadas na protección e difusión do patrimonio documental de Galicia a colaborar na creación dunha base de datos que recolla información que axude a mellorar o coñecemento global acerca do estado en que se atopan estes bens culturais

A través un formulario, calquera persoa poderá achegar información sobre arquivos e documentos do patrimonio documental de Galicia que se considere relevante para mellorar o seu coñecemento, conservación e acceso. Poden tratarse, ben de exemplos salientables de mellora nalgún factor que incida en calquera destes aspectos, ben, e pola contra, de casos que constitúan unha chamada de atención á sociedade para revertelos.

Temas suxeridos.