facebooktwittertwitter
aviso_legal

Aviso legal

Este aviso legal establece as condicións de uso da páxina web da Fundación Olga Gallego, (en adiante a Fundación), que é unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia, co número 2014/8.

O seu domicilio está no nº 13 baixo da rúa Rosalía de Castro, 15004 A Coruña. O seu NIF é G. 70402698, o teléfono é 644408913 e o seu correo electrónico é contacto@fundacionolgagallego.gal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, a Fundación comprométese a que os datos de carácter persoal que obteña a través desta web, cuxa finalidade é o desenvolvemento das actividades, actos e eventos que promove, como celebración de xornadas premios, cursos, etc, se incorporen aos ficheiros creados e mantidos baixo a responsabilidade da Fundación, e sexan declarados ante a Axencia Española de Protección de Datos. Os ditos datos serán tratados de conformidade co disposto na lei orgánica 15/1999, e non poderán cederse a terceiros salvo co consentimento previo do interesado, que poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou opoñerse ao seu tratamento, dereitos que poderán facer efectivos na dirección postal da Fundación, ou no seu correo electrónico, contacto@fundacionolgagallego.gal.

Todos os dereitos de propiedade do dominio web e dos seus contidos, código fonte, deseños, imaxes, fotografías, sons, textos, informacións, animacións e calquera outros contidos, están protexidos pola lexislación en materia de propiedade intelectual e industrial, e pertencen ben á Fundación ben a terceiros, polo que os usuarios poderán utilizalos para uso persoal, sempre citando a fonte, quedando prohibido o uso con fins comerciais, polo que ningún usuario esta autorizado a usalos, imprimilos, tratalos informáticamente, difundilos, distribuílos, almacenalos, descompilalos, modificalos nin reproducilos total ou parcialmente, sen permiso da Fundación.”

Os enlaces que permitan o acceso a través da web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non se atopan baixo o control da Fundación, que non é responsable da información que conteñen nin dos seus efectos. Tampouco asumirá responsabilidade polas infraccións de outros usuarios da web ou de terceiros, incluíndo dereitos de propiedade intelectual, nin pode garantir ausencia de virus informáticos no portal e nos seus servidores.

A Fundación resérvase a facultade de modificar, actualizar, suprimir, configurar ou presentar a información do seu portal Web en calquera momento.

A Fundación utiliza cookies para xeolocalización e elaboración de estatísticas.