facebooktwittertwitter
patrimonio_documental

A Fundación Olga Gallego convida a todas as persoas interesadas na protección e difusión do patrimonio documental de Galicia a colaborar na creación dunha base de datos que recolla información que axude a mellorar o coñecemento global acerca do estado en que se atopan estes bens culturais. Será unha forma de achegar exemplos concretos que enriquezan o diálogo e o debate sobre a conservación e uso social dos arquivos.

Unha lista dos temas que suxerimos incluiría os seguintes puntos:

  • Localización de arquivos ou de documentos descoñecidos.
  • Novos proxectos de tratamento (organización e descrición, dixitalización...) de arquivos privados.
  • Destrución de documentos.
  • Arquivos públicos ou privados en deficiente estado de instalación ou conservación.
  • Arquivos de difícil acceso:
    • Por falla de persoal para a súa custodia e tratamento.
    • Por instalacións inadecuadas.
    • Por outro tipo de dificultades.
Non se atoparon recursos arquivísticos